1. Inicio
  2. /
  3. Libros
  4. /
  5. Libros AKAL
  6. /
  7. Narrativa e teatro

Narrativa e teatro

16,00

Hay existencias

Narrativa e teatro

de Alfonso Rodríguez Castelao (Escritor)

Alfonso Rodríguez Castelao, nacido en Rianxo en 1886, é a máis rica e fecunda personalidade do movemento galeguista. Despois de estudar Medicina na súa mocidade, Castelao pronto deixou a práctica desa profesión para dedicar todas as súas forzas ás súas auténticas vocacións: a arte e a reivindicación do espírito galego. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado do Grupo Nós e home comprometido coa defensa da autonomía galega e coa causa republicana, a súa figura alcanzou unha dimensión internacional. Castelao morreu no exilio, en Bos Aires en 1950.

Na editorial Akal, xa dende a publicación das coleccións de Arealonga e Arealonguiña, comprometémonos tanto coa cultura galega como co pensamento crítico, e por iso queremos reeditar a obra do mítico Castelao. Neste volume incluímos todas as súas obras literarias, dende Cousas e Retrincos ata Un ollo de vidro, pasando por Os dous de sempre e Os vellos non deben de namorarse. Ademais, inclúense neste libro prosas con textos variados.

Fecha publicación 25-11-2024

Páginas 416

Ancho 14 cm

Alto 22 cm

Formato Rústica

Contenidos

Prólogo. Castelao (Eduardo Blanco-Amor)

Anteporta (X. Alonso Montero)

A nosa edición

Triple cronoloxía

Un ollo de vidro

Cousas

Retrincos

Os dous de sempre

Os vellos non deben de namorarse

Outras prosas

Quizás te pueda interesar:
Menú